O venres 30 de maio, o alumnado de 1º e 2º de ESO, fixeron unha saída cultural a Mugardos, como broche final á Narrativa «Aedificare» de 1º ESO. Con esta Narrativa van aprender a interpretar o modelo de cidade actual á luz da distribución urbanística e a función social que se atribuían aos edificios na cidade romana. Trátase de interpretar as cidades actuais partindo dos conceptos de cidades romanas, xa sexa desde o punto de vista construtivo ou funcional.
Para iso, achegáronse ao “Centro de Interpretación de Caldoval – Xacemento Romano” onde, ademais de atender ás explicacións na visita guiada, tiveron a ocasión de realizar o obradoiro “Ars scribendi”. Nel, aprenderon as técnicas empregadas na antiga Roma para escribir. Usaron, por exemplo, cálamos e papiros para imitar as tipografías daquela época. Saíron uns traballos moi elegantes que levaron para casa, como lembranza.
Despois, nada mellor que pasar un tempo de charla distendida diante dun saboroso chocolate con churros.