1º ESO explora o Antigo Exipto a través da narrativa «Entre ríos» e culmina cun escape room interdisciplinar

  • Durante as últimas semanas na clase de 1º de ESO coñeceron mellor o mundo exipcio e a súa aportación á historia da humanidade.

Dar protagonismo ao alumnado na súa aprendizaxe é un dos obxectivos da nova metodoloxía lasaliana, Nuevo Contexto de Aprendizaje (NCA). Esta metodoloxía aplícase en todos os niveis, infantil, primearia e tamén secundaria sendo proba diso a narrativa «Entre ríos» que acaba de finalizar en 1º ESO esta semana.

Como se descubriu o mundo exipcio? Como se construíron as pirámides? Como chegamos a saber que viviron, como se organizaron, que animais existían, como comezaron a escribir…?. Estas, e outras máis. foron algunhas das preguntas ás que buscaron resposta nesta narrativa.

Cabe sinalar como elementos máis destacables o traballo de construción dunha pirámide os primeiros días de narrativa e a aplicación práctica dos coñecementos adquiridos nas distintas áreas para a elaboración dun «escape room» que se levou a cabo na tarde do martes 3 de marzo.

Todas as materias tiveron como fío condutor o mundo exipcio para ir incorporando novas aprendizaxes  que foron desde investigacións forenses, ata a representación gráfica dos deuses exipcios, pasando por conceptos de arquitectura exipcia, o seu alfabeto, os textos prescritivos, a estatística, o uso dos metais no antigo Exipto…

Todas as materias avanzaron conxuntamente na narrativa, que tivo o seu punto final cunha titoría centrada no feminismo e nos dereitos humanos, facendo unha análise dos mesmos desde a época exipcio e a súa evolución ata a actualidade.

Galería de fotos.

Deja un comentario