Na mañá de hoxe, 20 de xaneiro, o alumnado de 4º ESO visitou o centro Carballo Calero para recibir información sobre os diferentes tipos de Bacharelatos e ciclos formativos. Atendidos pola orientadora dese centro, tiveron a ocasión de coñecer e resolver todas as dúbidas que tiñan sobre os estudos posteriores que poden facer unha vez rematada a súa estadía no noso colexio. Tamén tiveron o ocasión de coñecer as súas instalacións e foron convidados a unha merenda na cafetaría do instituto.
Graciñas, Susana pola túa amabilidade e dispoñibilidade.
Galería de fotos
