A biblioteca escolar impulsa hábitos saudables cunha exposición e unha charla sobre nutrición infantil

O equipo de biblioteca continúa dinamizando diferentes actividades ao longo deste segundo trimestre para todo o alumnado.

Desta volta, nas últimas dúas semanas programouse unha exposición sobre nutrición infantil formada por unha serie de paneis con ideas e suxerencias de alimentación para os máis pequenos/as, ilustrados con deseños de Leandro Lamas. Esta exposición foi cedida polo colectivo didáctico medioambiental Lapis Verdes en colaboración coa asociación Muíño do Vento.

Paralelamente a isto, na aula de 3º de ESO realizouse unha charla formativa sobre este tema a cargo de Vitorina Rey Quintiana. O grupo traballara previamente a nutrición na narrativa «Bienestarbien»

Galería de fotos

Deja un comentario