A clase de 1º ESO remata a súa Narrativa «Life» convidando ás familias a unha «Feira científica»

  • A nova metodoloxía NCA (Novo Contexto de Aprendizaxe) promove a aprendizaxe do alumnado convertíndoo no protagonista do proceso ensinanza-aprendizaxe a partir das dimensións emocional, cognitiva, corporal, social e espiritual.
  • A clase de 1º ESO traballou durante as últimas semanas a Narrativa «Life» que culminou na mañá do venres 7 de novembro cunha «Feira científica» para as familias.

A vida da bióloga estadounidense Lynn Margulis foi o fío condutor da Narrativa «Life» que os alumnos/as de 1º ESO traballaron nestas últimas semanas. Nela, profundizaron na orixe da vida. Entre os obxectivos que se buscaban con esta dinámica, estaba comprender cal é a orixe da vida e as circunstancias necesarias para que se producise. Tamén afondaron nas condicións, necesidades, mantemento… a nivel biolóxico e social. Por último, aínda que non por iso menos importante, coñeceron modelos de persoas coas que respostar á pregunta  «Coma quen quero ser?«. Neste caso, a historia de Lynn Margulis ofreceulles un referente de esforzo e adicación perfecto.

O produto final de todo este traballo consistiu en preparar unha «Feira científica» para ensinar ás familias o resultado do seu esforzo destas últimas semanas e mostrarlles o moito que aprenderon por medio de maquetas de células, a observación de células vexetais e procariotas, experimentos con pigmentos naturais…

Parabéns polo traballo e moitas grazas ás familias que nos acompañaron!

Galería de fotos. 

Deja un comentario