Os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria fixeron esta mañá a última excursión do curso. Tras un ano de traballo co Novo Contexto de Aprendizaxe (NCA), aproveitaron a temática dos últimos proxectos do ano adicados á nosa cidade, Ferrol, para coñecer un pouco máis a súa peculiar contorna.
Así que, preparados con paraugas porque a meteoroloxía non acompañaba, visitaron a praia de Doniños, onde observaron o gran areal e a cantidade de surfistas que estaban aproveitando a bravura do mar desta fermosa praia. Máis tarde, subiron ata o pinar e fixeron unha pequena ruta camiñada, onde viron cogomelos, colleron piñas…
Por suposto, houbo que facer unha pequena parada para recargar pilas, e que mellor que cun picnic onde ademais celebraron o aniversario dunha compañeira de 2 EP. Para rematar, xogaron ao paracaídas, buscaron cunchas, fixeron castelos de area… Ainda que o tempo non os acompañou en demasía, pasárono estupendamente!
E agora xa toca pensar nas excursións do ano que vén!