Comedor escolar
Os menús que se serven no colexio son variados, equilibrados e adaptados ás necesidades nutricionais de cada grupo de idade e en consonancia coas recomendacións nutricionais. Unha alimentación equilibrada é importante para o rendemento académico e persoal dos estudantes.

Obxectivos
Obxectivos
O comedor escolar, como servizo educativo complementario ao ensino, atende os seguintes obxectivos:
- Educación para a saúde, hixiene e alimentación: encamiñados a desenvolver e reforzar a adquisición de hábitos alimentarios saudables, normas de comportamento e correcto uso e conservación dos útiles do comedor.
- Educación para a responsabilidade: facendo partícipes ao alumnado, en función da súa idade e nivel educativo, nas tarefas, intervencións e proxectos que se desenvolvan nos comedores.
- Educación para o lecer: planificando actividades de lecer e tempo libre que contribúan ao desenvolvemento da personalidade e ao fomento de hábitos sociais e culturais.
- Educación para a convivencia: fomentando o compañeirismo e as actitudes de respecto, educación e tolerancia ente os membros da comunidade escolar, nun ambiente emocional e social adecuado.

Inscripcións
Inscripcións
- As inscricións formalízanse na primeira quincena de setembro. Se algunha familia quere que o seu fillo/a quede a comer días soltos, pode facelo aboando o servizo a primeira hora da mañá, en recepción (antes das 10:00 horas).
- As familias dos alumnos con alerxias ou intolerancias alimentarias, debidamente diagnosticadas por especialistas, deberán comunicalo ao centro para que este tome as medidas necesarias e proporcione ao estudante un menú adaptado ás súas necesidades.
- As portas que dan acceso ao colexio permanecerán pechadas entre as 13.10 e as 15.30 horas. Despois de comer, os nenos serán atendidos polos profesores e podrán xogar nos patios do colexio.