Educación infantil visita a Fraga Máxica de Cortiña

O pasado venres 13 de xuño, o alumnado de educación infantil viaxou ata San Sadurniño para participar nun obradoiro didáctico. Trátase dunha actividad de educación ambiental na que, acompañados polas educadoras de «Rexenerando», os peques fixeron tres importantes paradas:

Olimpo galaico e Pozo dos Donceis: onde espertaron os sentidos para descubrir a historia deste espazo senlleiro, activando o oído para coñecer a súa historia.

Horta das froiteiras e apiario: na que o olfacto, o gusto e o tacto axudáronlles a descubrir o valor da diversidade e o consumo local. Cantas mazás coñecían? E tipos de mel?

Arboreto didáctico: a vista permitiulles explorar as numerosas árbores autóctonas.

Como remate final, compartiron momentos de xogo na Fraga Máxica de Cortiña. Canto aprenderon e que ben o pasaron!

Galería de fotos.

Deja un comentario