Gran participación das familias na Convivencia do entroido

  • O venres 20 de febreiro celebrouse unha Convivencia coas familias no colexio con obradoiros, concursos,,, para ter un momento de encontro da Comunidade educativa nun ambiente máis lúdico

A comunicación coas familias sempre foi unha característica intrínseca aos centros La Salle. É por iso que, unha vez ao trimestre, celebramos unha convivencia coas familias na que se preparan obradoiros, xogos, concursos…  coa idea de ter un momento de encontro de toda a Comunidade educativa nun ambiente distendido.

O venres 20 de febreiro, despois da celebración adiada do entroido pola mañá co pasarrúas e a festa no pavillón colexial, a tarde tamén estivo cargada de emocións coa celebración da Convivencia das familias. Nesta ocasión, nada mellor que aproveitar a data do entroido e organizar un concurso de disfraces, un concurso de doces de entroido, xogos de mesa, karaoke, deporte no pavillón, discoteca…

Houbo unha masiva participación das familias e as risas estiveron garantizadas. Queremos agradecer a todas as familias que se achegaron ao cole e participaron nos diferentes concursos e obradoiros. Mención especial para os gañadores,

Martina Permuy Domínguez (4º EP),  Mellor doce de entroido

Lucas Platas Roca (1º EP) e Vera Platas Roca (3º EP) , Mellor disfraz individual.

Familia Sabín Gómez, Mellor disfraz en familia

Como o curso non para, unha vez rematada esta convivencia, o profesorado xa está comenzando a traballar para a organización da convivencia do terceiro trimestre. Esperamos vervos alí!

Galería de fotos

 

Deja un comentario