Desde hai varios anos levamos implementando un programa de «recreos alternativos» que consisten en ofrecer diferentes alternativas de ocio ao noso alumnado no tempo de lecer durante os recreos. Nel inclúense actividades moi diversas, desde xogos (esta semana estiveron con xogos clásicos e a pasada semana con xogos con letras), pasando por celebracións de datas sinaladas (a próxima semana festexarán o Día Mundial da Educación Medioambiental e realizarán un obradoiro de origami con figuras de animais en papel de xornal reciclado), semanas de cine (nas que se proxectan curtametraxes), o programa ‘Conta comigo’ (no que o voluntariado de Secundaria e/ou familias contan contos)… e moitas outras actividades.
Con este programa estamos a ofrecer diferentes opcións para o lecer do noso alumnado, ofrecendo espazos alternativos para a diversidade, xerando momentos de convivencia e diversión que contribúen ao denvolvemento harmónico da persoa.
