Despois de moito agardar, xa deu comezo o novo curso 2025-26. O luns 8 de setembro foi a data marcada para o encontro tan esperado.
Nun primeiro momento, o alumnado foi recibido polo profesorado no salón de actos. Había moitas caras de emoción por ver a compañeiros e profesores despois do largo verán. Algúns estaban expectantes ante o cambio de curso ou de etapa e tamén había un pouco de temor ante a perspectiva de novos profesores, novo curso. E, como non, tamén había algunha cara de sono pois tocaba madrugar despois dun merecido periodo de descanso.
Xa nas clases, coñeceron o novo Lema do ano, «De compromiso en compromiso» e realizaron dinámicas moi variadas e adaptadas á idade sobre esa idea que vai marcar o noso traballo durante todo o curso.
Cara o final de semana, xa foron entrando pouco a pouco en materia e collendo folgos para un curso que se prevé emocionante, coma sempre.
Benvidos, benvidas e a participar neste curso escolar 2025-26!!!