Semana de poesía na biblioteca cun encontro inesquecible na Residencia de Maiores de Caranza

O día 21 de marzo conmemórase o Día Mundial da Poesía. Ao longo desta semana a biblioteca escolar está a realizar unha serie de actividades co gallo desta celebración.

Unha das actividades máis salientables que se realizaron foi un encontro interxeracional na Residencia de Maiores de Caranza o pasado luns 16 de marzo. O alumnado do Club de lectura preparou unha listaxe de poesías para declamar diante dos usuarios da residencia e tamén escoitaron a un usuario dese centro que lles preparara unha poesía moi especial en representación de todos eles. Despois foi o momento de intercambiar opinións e compartir como resultou a experiencia, o traballo que fai o alumnado no club e descubriron que tamén na residencia hai un club de lectura! Como resumo do vivido nese encontro, destacar as palabras de ánimo para continuar mellorando e ampliando as nosas lecturas, que nunca deixemos de ler e destacar a importancia que ten para as nosas vidas un hábito tan saudable como é ler a diario.

Ademais desta actividade que foi a máis impactante, na biblioteca estanse a facer visitas diarias dos diferentes cursos para escoitar lecturas de poemas a cargo de voluntariosmaiores , xogos con poesías e e elaborar un libro de poesías entre todos os asistentes.

Galería de fotos

Deja un comentario