- O inicio das actividades do IV Festival Ferrol Ilustrado consistiu no II Reto escolar no que, un milleiro de alumnos/as da comarca, participaron na gravación dun baile en TikTok para impulsar a candidatura de Ferrol a Patrimonio Mundial pola UNESCO: «Ciudad de Ferrol, Puerto de la Ilustración»
O venres 14 de xuño foi unha mañá moi emotiva xa que todos os alumnos/as de EP do cole xuntáronse co alumnado doutros colexios da comarca para apoiar a candidatura de Ferrol a Patrimonio Mundial pola UNESCO: «Ciudad de Ferrol, Puerto de la Ilustración». A participación neste II Reto Escolar Ilustrado, non só foi un momento de festexo e ledicia, senón que forma parte dun compromiso coa cidade, coa súa historia. É unha reivindicación da importancia de Ferrol na época da Ilustración, da súa arquitectura e unha loita polo seu recoñecemento social a nivel mundial.
Non é casualidade que un acto cos escolares de Ferrol, futuro da cidade, fose o punto de partida aos actos do IV Festival Ferrol Ilustrado que se prolongarán durante toda a fin de semana. Convidámosvos a que participedes. Pagará a pena! Unha vez reunidos todos os escolares na Praza de Armas do Concello, que estaba engalanada para a ocasión, houbo ensaios do baile, xogos, desfile de persoas vestidas ao estilo do S. XVIII, a gravación do TikTok, bailes ao estilo do S. XVIII… Para rematar, repartíronse abanicos como lembranza para os rapaces/zas asistentes e tamén un diploma para o centro pola súa participación. Inicio perfecto para unha fin de semana chea de actividades!