Vaia sorpresa que nos agardaba no pregón das festas!

Na mañana do xoves 8 de maio toda a comunidade educativa tiña una cita ás 13:00 h no pavillón colexial. Nun primeiro intre, as clases de 5º e 6º fixeron un baile que levaban preparando as últimas semanas. Máis tarde, todos os cursos de primaria fixeron unha fabulosa actuación e, finalmente, convidaron a todos os presentes a bailar con eles ao ritmo de Rosé e Bruno Mars co seu «APT». O momento foi divertidísimo e todos o pasaron en grande.

Coas gradas do pavillón ateigadas de rapaces e familias e xa co ambiente festivo na atmosfera, fixo a súa entrada triunfal ‘Stitch’ que se achegaba ao noso cole para facer o pregón das festas La Salle 2025. Tralo pregón, tiveron una sesión de fotos coas clases e familias para redondear a xornada de hoxe.

A festa continúa este venres coa eucaristía e xogos, será especial!

Galería de fotos.

Deja un comentario