Viva o Entroido!

  • Durante os últimos días fixéronse diferentes actividades e preparativos que culminaron o venres 20 de febreiro coa celebración do Entroido por todo o alto

O Entroido é unha das cita máis esperadas de todo o ano por nenos/as, familias e, como non, profesores. Durante toda a semana, «os Mandatos do Meco»  convidaron a alumnado e profesores a traer diferentes complementos: cara pintada, peiteados tolos, calcetíns coloridos, adornos no pescozo… preparando o ambiente para a festa do venres. A festa, que estaba prevista para o venres 13 de febreiro, tívose que adiar por mor do temporal que houbo ese día. Mais iso non impediu que, ao venres seguinte, 20 de febreiro, se celebrase por todo o alto. 

Esa mañá, toda a comunidade educativa participou na festa. Cunha temática moi divertida e con moitas posibilidades, «Entroido de conto», cada clase foi preparando nos días previos os seus disfraces para facer un marabilloso desfile contando tamén coa colaboración de motas familias que se achegaron ao cole para axudar na confección dos mesmos, graciñas mil!!!

As 12:00 h foi o momento sinalado no calendario para o desfile polas rúas do barrio. Unha marea humana ocupou as rúas de Caranza. Acompañados de moitísimas familias, antigos alumnos e veciños do barrio que se unían ao desfile para ver aos nenos/as, fixemos unha primeira parada na Residencia da terceira idade para amosar aos usuarios/as os seus disfraces e cantarlles a canción do Entroido. Foi impagable a súa cara de felicidade ao ver a centos de persoas na entrada cantando e compartindo un momento de festa con eles/as! Posteriormente, un percorrido polo barrio amosando os vistosos disfraces e a ledicia que temos en La Salle

Para finalizar, festa no pavillón colexial e cargando pilas para a convivencia das familias dese día pola tarde.

Galería de fotos

Deja un comentario