- Durante esta semana fixéronse diferentes actividades para celebrar as festas na honra de San Juan Bautista de La Salle e hoxe foi o día grande cunha eucaristía e diferentes xogos para todo o alumnado.
Este venres 9 de maio foi o día central das Festas La Salle 2025. Comezou a mañá celebrando unha eucaristía na Parroquia de Santa María de Caranza, ateigada de rapazada, que rebosou ilusión. Houbo unha bonita celebración acompañada polos cantos de todos os participantes, peticións, ofrendas, intercambio de agasallos entre os alumnos de 3 anos e 4º de ESO…
Despois, desprazáronse polo barrio ata o cole de forma ordeada. Coma sempre, os maiores levando da man aos máis pequenos. Xa no cole, os diferentes niveis tiveron os seus xogos preparados polos profes e contando coa fabulosa colaboración do alumnado de Tafad do veciño Rodolfo Ucha. O alumnado de infantil e primaria quedaron no recinto escolar e o alumnado de Secundaria tivo que pasar varias probas en distintos puntos do barrio, lugares aos que tiñan que chegar por medio dun xogo de pistas. Todos o pasaron en grande!
Galerías de fotografías: