- Nestas últimas semanas levouse a cabo no colexio a Campaña de Nadal cunha recollida de alimentos e produtos de hixiene para repartir entre varias asociacións da cidade.
Os alumnos/as de Pasaporte solidario ocupáronse da recollida diaria de alimentos polas clases e da súa posterior clasificación. O total da recollida deste ano ascendeu a 350 kgs de alimentos e produtos de hixiene. O martes 19 de decembro, estes alumnos/as e varios profes do cole fixeron o empaquetado e reparto das aportacións das familias a Banco de alimentos, e Oblatas O Mencer .
Sen ningunha dúbida, queremos agradecer a solidariedade das nosas familias para que esta iniciativa, que levamos poñendo en práctica tantos anos, sexa un referente na vida escolar do centro e unha motivación para o alumnado en colaborar con campañas solidarias. Mención especial para as clases de 3º EP e 4º EP que foron as máis solidarias.
Tamén subliñar as facilidades que nos dan as institucións para poder realizar, cada ano, esta colaboración. ¡Grazas!