Un ano máis, a cerimonia de graduación do alumnado de 4º ESO pon o punto final ás actividades do curso. Nunha calurosa tarde e, cun salón de actos abarrotado, os alumnos/as de 4º prepararon un emotivo acto co que poñer o broche final aos seus anos no centro. Despois do acto, celebrado no salón de actos do colexio, alumnos/as, familias e profesorado compartiron uns pinchos para lembrar mil e unha anécdotas de todo o vivido durante estes anos.
Lembrade, rapaces/zas, que La Salle Ferrol sempre será a vosa casa, que as súas portas estarán abertas pois sodes e seredes sempre uns lasalianos máis. Desexámosvos moita sorte no futuro e esperamos que consigades os vosos soños.
