Nós, as investigadoras do Club de lectura de 2º ESO, levamos dende o comezo do curso investigando e analizando cada libro, axudándonos de mapas conceptuais que realizamos ao longo da lectura do libro, nos que incluímos debuxos, esquemas, imaxes e sobre todo un aspecto visual co que calquera pode saber de que trata cada libro sen telo lido antes.
No Club de lectura propóñennos retos interesantes e divertidos coma este: escribir unha noticia para a páxina web do cole.
En total, levamos lidos tres libros neste curso: o primeiro foi “48 horas” que trata da desaparición de Lois, co cal fixemos un mapa conceptual do máis policíaco. O segundo foi “O pintor do sombreiro de malvas” que está baseado na historia de Vincent van Gogh, un famoso pintor de Auvers, cun final do máis sorprendente que nos permitiu facer un mapa conceptual moi artístico, xa que somos unhas grandes artistas. E por último “Antía e Daren, o misterio dos torques roubados”; aínda o estamos lendo, pero estanos gustando moito xa que ten moito misterio e intriga. O noso mapa conceptual conta con numerosas ilustracións.
E somos moi valentes, xa que nos atrevemos a calquera reto… coma este: «escribir unha noticia para a páxina web do colexio«.
Seguiremos informando dos nosos pasos no Club de lectura.
Sandra Bores Plaza e Antía Seoane Gárate.