Encontro interxeracional do alumnado de 4º de Secundaria para traballar o tema da emigración.

Dúas sesións levadas a cabo a cabo polo alumnado de 4º de Secundaria, unha no centro e outra na Sede de Afundación Ferrol, permítelles coñecer de primeira man que significou a emigración para a cidadanía de Galicia durante o século XX

O Plan de Achegamento Á Realidade (PAR) é un programa dos centros La Salle que permite que o noso alumnado se vaia achegando a realidades sociais desfavorecidas para coñecer a súa situación, a súa problemática, as dificultades no día a día. Trátanse temas do máis diverso segundo as idades: emigrantes, sen teito, discriminación de xénero, discapacitados, as persoas xordas, o comercio xusto, os nosos maiores…

A dinámica de traballo consiste nun primeiro momento de investigación para conseguir información. Posteriormente, cóntase co testemuño de persoas que traballan con estas realidades e, como paso final, saír do centro para achegarnos a esas institucións e coñecer aos seus usuarios. Este último paso é que o que fixeron na tarde de hoxe os alumnos/as de 4º ESO.

Desta volta, o alumnado de secundaria vén de realizar dúas sesións formativas a modo de encontro interxeracional. A primeira, o 31 de xaneiro consistiu en recibir no colexio a Esther e Manuela. Elas contaron a súa experiencia na emigración xa que ámbalas dúas tiveron que vivir durante moito tempo en Arxentina e Reino Unido. Ademais das súas vivencias, respostaron a todas as preguntas que foron xurdindo durante o encontro.

Na tarde de hoxe, devolvéronlles a visita na sede de Afundación en Ferrol. Alí tiveron a oportunidade de traballar en grupos sobre os motivos que levan ás persoas a emigrar a outros países e buscar as semellanzas e diferenzas entre as emigracións de inicios e mediados do S. XX e da actualidade.

Para rematar, tiveron unha visita guiada por unha fermosa exposición de fotografía titulada: «A vida lenta. Memorias e ritmo do rural galego»  moi recomendable, especialmente de xeito guiado para comprender o significado da mesma.

Quresmos agradecer a atención e acollida do persoal de Afundación, con mención especial a Mercedes que foi quen fixo posible este encontro.

Galería de fotos. 

 

Deja un comentario