- O día 24 de outubro celébrase o Día das bibliotecas e, na biblioteca escolar, tiveron lugar hoxe varias animacións lectoras para conmemorar esta celebración e achegar, dun xeito lúdico, o noso alumnado á lectura.
O equipo de profes que dinamiza a Biblioteca escolar aproveitou a celebración de hoxe, o Día das Bibliotecas, para facer varias animacións lectoras coas clases de educación infantil e os primeiros cursos de educación primaria. Ao longo da mañá foron pasando os diferentes grupos para escoitar a unhas contacontos moi especiais. Polo camiño cara a biblioteca había moitas caras de expectación entre os peques, xa que sabían que lles esperaba algo novidoso e moi sorprendente.
Unha vez situados nos seus postos e captada a súa atención, deixáronse levar polas magníficas historias que as nosas contacontos tiñan preparadas para eles. Os contos seleccionados foron «Barbillas y cosquillas» para educación infantil, «Una cena monstruosa» para 1º EP e «Vivan las uñas de colores» para 2º e 3º EP-
Con estas dinámicas perséguese fomentar a lectura entre o alumnado e familiarizalo co uso da biblioteca coma un espazo aberto á súa disposición que lles permitirá vivir excitantes aventuras a través dos libros que poderán atopar nela.