- Na tarde do mércores 20 de decembro celebrouse, nun salón de actos abarrotado, o fantástico estival de Nadal de educación primaria.
Coma todos os anos, o salón de actos do colexio vestiuse coas súas galas e estivo ateigado de familias para ver o tan esperado festival de Nadal. As dotes interpretativas do noso alumnado e os ensaios previos dos seus números, fixeron que, unha vez máis, a creativadade e calidade das actuacións engaiolasen a todos os asistentes.
Houbo un menú do máis variado:
- As clases de 1º e 2º EP prepararon unha actuación conxunta, na que a clase de 2º presentaba por medio de introducións teatrais as panxoliñas do mundo que ían bailar os seus compañeiros de 1º. Houbo un pouco de todo, panxoliñas galegas, españolas, peruanas, portuguesas e, finalmente, cantaron todos xuntos como auténticos carol singers «A gift to you»
- En 3º EP caracterizáronse de elfos e cantaron «Vamos al portal» e «Un arcoíris de ilusión» para rematar bailando con moito ritmo «Like it’s Christmas»
- A clase de 4º EP amosou as súas dotes para o baile con dúas coreografías para «Ya es Navidad» e «Siempre es Navidad junto a ti» . E, para rematar a súa actuación, cantaron «Estoy aquí»
- Os rapaces e rapazas de 5º EP prepararon unha peza teatral cómica na que se escenificou as andanzas dos cidadáns de Ferrol que querían evitar que o Concello vendese a antiga biblioteca municipal. Foi unha tarefa difícil, pero a unión de todo os ferroláns e ferrolás impediu dita venda.
- O alumnado de 6º EP versionou a coñecida película «El Grinch». Na súa adaptación, o protagonista, «Crunch», protagonizou uns momentos de moito humor e moitas rimas no pobo de Villa Salle.
Aproveitamos para desexarvos un feliz Nadal a todas as familias e deixamos unha Galería de fotos.