Hoxe gustaríanos falar do próximo día 23 de abril xa que é o Día do libro e está moi relacionado coa nosa actividade, o Club de lectura, no cal estamos a traballar cun novo libro titulado » Momo», que a algún e algunha de vós seguro que vos soa. Escribiuno Michael Ende ao redor do ano 1965. É un libro que nos abre moitos horizontes sobre a sociedade actual.
Sinceramente estanos a gustar moito, só que ao principio se fai un pouco pesado pero despois engánchate. Nós estamos a traballar nun mural que resulta ser un resumo-cómic deste marabilloso libro.
Este libro ensínanos a valorar o noso tempo e, sobre todo, a gozalo coa xente importante nas nosas vidas. Así como a valorar as virtudes de cada persoa e, a través destas, concienciar á xente sobre a súa vida e intentar mellorar como persoas.
Polo cal, animámosvos a ler este e outros libros xa que vos poden ensinar cousas moi valiosas.
E con isto despedímonos, esperamos que pasedes unha boa semana.
Un saúdo!
PD: coidado cos homes grises!!