A realización de varias sesións de contacontos para o alumnado máis novo do centro a cargo de dúas alumnas de 3º ESO puxo fin ás actividades feitas desde a biblioteca escolar co gallo do 8M
Continúan as actividades que organiza o equipo da biblioteca escolar. Desta volta, na mañá do venres 14 de marzo, dúas alumnas de 3º de ESO (Manuela e Paola) realizaron unha sesión de contacontos aproveitando a pasada efeméride do Día Internacional da Muller.
A actividade desenvolveuse en 3 quendas para o alumnado de 6º de Infantil, 1º e 2º de Primaria e as historias seleccionadas foron: «Azul e rosa», «El niño que no quería ser azul, la niña que no quería ser rosa» e «Ate as princesas soltan peidos». Todas elas serviron para tratar temas relacionados coa igualdade, os dereitos da muller, os roles de xénero…
Ademais desta actividade, durante os recreos o alumnado participou nunha actividade de creación conxunta polo 8M, na que tiñan que procurar información sobre diferentes mulleres e construír unha saia con elas.