A clase de 6º EP mobilízase polos dereitos humanos

O alumnado de 6º EP  atópase mergullado no desenvolvemento da iniciativa «Dichosos Derechos», unha misión que xurdiu tras recibir unha misteriosa mensaxe interestelar. Segundo esta alerta, unha ameaza de escuridade está a estenderse por diferentes planetas, e o grupo ten a tarefa fundamental de disipala para devolver ao universo a luz e a calor, fontes asociadas á vida.

Para levar a cabo esta tarefa, o proxecto basease na divulgación e posta en práctica dos dereitos humanos. Coa idea de contrarrestar a escuridade, os participantes traballan no recoñecemento de agasallos fundamentais da existencia: o planeta como fogar común, a familia e as amizades coas que se comparte a vida, e o dereito a vivir con alegría e felicidade.

Dentro desta estratexia, o grupo conta co apoio de diversos «superheroes anónimos» da comunidade, persoas do día a día que coas súas accións axudan a manter a luz e a convivencia. Na xornada de onte, 29 de setembro, dedicóuselles un espazo de recoñecemento e homenaxe para lembrar o seu papel clave e entregarlles un pequeno detalle de agradecemento polo seu labor.

Galería de fotos

Deja un comentario