Actividade do alumnado de Pasaporte solidario: «Versos no muro»

O pasado venres 27 de maio, o alumnado de Pasaporte solidario estivo realizando unha nova actividade de voluntariado, desta volta, no patio do colexio.

Os alumnos de Pasaporte solidario adicaron a tarde do venres 27 de maio a pintar nos muros do pavillón os versos escollidos polos seus compañeiros para conmemorar o Día das Letras galegas.

Todas as clases do colexio celebraron o pasado Día das Letras galegas escollendo uns versos por cada clase que podían ser de poetas coñecidos ou elaborados por eles mesmos. Para dalos a coñecer, adicaron a tarde do venres a escribilos no muro do pavillón do cole e que así toda a Comunidade educativa poda disfrutar coa súa lectura.

Deixamos unha galería coas fotografías da actividade.

Versos no muro

 

.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *