As actividades lúdicas na biblioteca escolar transforman os recreos de La Salle Ferrol

  • Desde a biblioteca escolar estanse a ofrecer actividades lúdicas nos recreos que fan as delicias do noso alumnado e ofrecendo unha alternativa diferente aos recreos escolares.

Nos centros La Salle facemos especial fincapé no desenvolvemento da lectura. E, para iso, ademais do traballo diario nas aulas, contamos cun equipo de profesores que se encargan de dinamizar actividades na biblioteca escolar. Ao longo do ano,  deseñaranse actividades para fomentar as visitas á biblioteca escolar con entretidas dinámicas que se están a realizar nese espazo nos tempos de recreo.

O fin último é ofrecer alternativas para o tempo de lecer e que poidan acudir aqueles alumnos e alumnas que o desexen. As actividades teñen carácter lúdico e van cambiando os xogos semanalmente. sendo unha das iniciativas incorporadas ao Plan da biblioteca escolar do curso actual.

Esta experiencia propón o uso do espazo da biblioteca como un recurso máis, que nos proporciona oportunidades de interacción e xogo para favorecer o desenvolvemento das habilidades sociais. A proposta inclúe o uso de xogos de mesa clásicos, adaptacións de xogos e outros creados polo profesorado. O xogo da oca, o lince, puzzles ou o kaleidos son algúns dos que xa foron realizados.

Dentro do Plan. tamén se inclúen obradoiros e actividades específicas para desenvolver en épocas e datas sinaladas como, por exemplo, o Obradoiro de creación de adornos de Nadal que se levou a cabo en decembro.
As actividades están tendo moi boa acollida por parte do alumnado e todos os días achéganse pola biblioteca grupos de alumnos/as interesados en participar nas propostas. En Secundaria participan frecuentemente como voluntariado apoiando aos pequenos/as nos xogos máis complexos.
Proximamente levaremos a cabo a actividade «Conta comigo» onde o alumnado de máis idade realiza unha «contada» para os de menor idade.
Nesta galería de fotos poderedes ver como se desenvolven as actividades.

Deja un comentario