As clases de 3º e 4º de ESO descobren o feitizo de Santiago na saída deste trimestre

– As clases de 3º e 4º de ESO pasaron o martes 27 de febreiro en Santiago deixándose sorprender polas grandes posibilidades culturais que ofrece esta fermosa cidade.

Despois de varias xornadas de choiva, hoxe foi un día perfecto para disfrutar do encanto das rúas de Santiago. Un miúdo orballo deulles a benvida á capital de Galicia e acompañounos brevemente ata chegar á primeira visita: o Museo Pedagóxico de Galicia . Nel, por medio dunha divertida dinámica na que tiñan que buscar por todas as dependencias do museo as respostas a unha listaxe de preguntas, coñeceron como era as escolas en Galicia no século XX.

Á saída desta visita, encamiñaron os seus pasos a facer o último tramo do Camiño de Santiago cara á catedral. Unha vez alí, admiraron a inmensidade case milenaria da catedral. Un tempo libre para sumerxirse polas rúas do casco vello de Santiago e descubrir a Rúa do Franco, a Rúa do Vilar, a Rúa Nova. Para xantar e coller folgos novamente, aproveitaron a tranquilidade do parque de Santo Domingo de Bonaval.

Xa despois de xantar comezaron coa segunda parte da xornada, cun percorrido polas facultades do Campus Norte e cunha visita arquitectónica guiada á Cidade da Cultura. Nesta visita explicáronlles, a través dunha interesantísima charla, os obxectivos que se pretendían conseguir coa construción deste complexo, os diferentes proxectos presentados, as peculiaridades do proxecto gañador de Peter Eisenman e a orixinalidade do edificio  no que se atopaban e que deixou a todos abraiados pola grandeza que estaban a contemplar.

Galería de fotos

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *