Benvidos/as ao curso 2023-24!

    • O día 11 de setembro foi o día marcado para o inicio do curso 2023-24 que promete estar cheo de novas experiencias e aprendizaxes

Despois de varios días de traballo para que o centro estivese preparado para o inicio do curso, o luns 11 de setembro o profesorado recibiu ao alumnado no salón de actos colexial. En primeiro lugar, os alumnos/as de Secundaria encheron o salón de actos para recibir a benvida do director, presentación dos titores e profesores e, máis tarde, visita ás aulas para comezar coas xornadas de sensiblización.

Despois, o alumnado de Primaria ocupou as mesmas cadeiras e dirixínronse con moito ilusión, e algúns nervios, para as súas aulas e comezar coa xornada de traballo.

E coma non, o alumnado de infantil comezou coas súas dinámicas e co periodo de adaptación.

Este vai ser un ano especial. O lema que vai orientar a nosa actuación ao longo do curso 2023-24 é moi significativo: «GRAZAS!» Ao longo dos próximos meses teremos a oportunidade de reflexionar e valorar todos os motivos que temos para dar «Grazas» á vida: pola oportunidade de estudar, de aprender, de traballar, de compartir, de disfrutar, de escoitar, de continuar co noso proxecto educativo lasaliano, polas nosas familias…

O curso estará marcado polo noso proxecto educativo. Unha novidosa metodoloxía, un novo modelo educativo, exclusivamente lasaliano (NCA- Nuevo Contexto de Aprendizaje) que permite que os alumnos/as sexan os protagonistas da súa aprendizaxe. Esta nova metodoloxía permite formar ao noso alumnado dun xeito integral, atendendo ás súas dimensións emocional, cognitiva, corporal, social e espiritual. Esta metodoloxía que imos implantando ano a ano en todos os niveis, xa se está aplicando en educación infantil, educación primiaria e nos dous primeiros cursos de educación secundaria.

Xa estamos en marcha nesta apaixonante viaxe.

Benvidos/as ao curso 2023-24!!

Enlace fotos

 

Deja un comentario