Para celebrar que o curso xa está terminando, o xoves 11 de xuño, as clases de 1º e 2º EP tiveron unha excursión ao Labirinto de Breogán en Vilarmaior.
Unha vez nel, dividíronse en tres grupos e buscaron 16 pistas para completar un crucigrama e atopar a saída. Durante o percorrido, subiron á torre que se atopa no centro e contemplaron a extensión do mesmo, o máis grande de España con máis de 6000 metros cadrados de superficie. Ao rematar, participaron en xogos de lóxica e estratexia que fixeron que esa parte da mañá fora moi emocionante e divertida.
Repuxeron forzas e dirixiron os seus pasos á Praia da Ribeira en Miño onde percorreron a Senda dos sentidos antes de xantar, na que tiveron que ter os sentidos atentos para ver, escoitar, ulir, sentir a flora e fauna do lugar. O momento esperado do xantar transcorreu con charlas, risas, comida compartida e foi un momento perfecto de convivencia para este momento do curso. Aproveitando o bo tempo, houbo xogos na praia con bolos, paracaídas, fútbol antes de coller o autobús de volta a casa como remate perfecto a este curso 2025-26.
