«Ímolo pasar pirata». Saída de educación infantil para visitar a exposición «Ferrol no tempo»

  • As clases de Educación infantil estiveron esta mañá visitando a exposición «Ferrol no tempo» na sede de Afundación de Ferrol. 

Na mañá de hoxe, venres 18 de novembro, o alumnado de educación infantil visitou a exposición «Ferrol no tempo«.  A parte adicada aos nenos/as de infantil ten un título moi suxerente: «Ímolo pasar pirata» e resultou do máis atraente para os rapaces pola magnífica posta en escea que axudou a que fose enormemente interesante e estivesen todos moi atentos. A visita iniciouse coa escenificación dunha «xuíza» que quería quitarlle a Ferrol o título de «cidade». Durante todo o percorrido van coñecendo datos de interese sobre a nosa cidade e, con esa información, tiveron que elaborar unha argumentación para facer cambiar de opinión á xuíza.  O medio escollido foi ir pegándoas nun papel e remataron entregando todos eses argumentos a Concepción Arenal como representante da cidade.

A exposición é realmente interesante, na que se poden observar obras de arte, fotografías, documentos históricos, mapas… cos que se pode comprender mellor a identidade de Ferrol como cidade naval, obreira e ilustrada e a súa contribución á historia de Galicia e de España. Como fin último da exposición, está potenciar o sentimento ferrolán entre todos os visitantes, empezando polos máis pequenos, e axudar a que comprendamos mellor a nosa historia para sentir a satisfacción de formar parte dela.

Galería de fotos

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *