O alumnado de Pasaporte solidario colabora na «Festa do deporte adaptado 2023» de Fene

  • Na mañá do sábado 13 de maio o alumnado de Pasaporte solidario do colexio participou como xuíces de tempo na «Festa do deporte adaptado» organizada pola Asociación Sociocultural ASCM

Un dos obxectivos que temos marcado no centro La Salle de Ferrol é ofrecer unha educación integral e en valores ao noso alumnado. Por iso, non só coidamos os contidos das diferentes materias, senón que traballamos arreo para ofrecer unha educación que vaia máis alá dos aspectos académicos. A nivel colexial dispoñemos dun Plan de Achegamento á Realidade (PAR) co que presentamos diferentes realidades sociais desfavorecidas para coñecelas, investigar sobre elas e actuar nos casos que sexa posible. A mellor maneira de actuar é a través de actividades de voluntariado encadradas no programa Pasaporte solidario da Xunta de Galicia.

Ao longo do curso 2022-23 o alumnado de Secundaria ten participado nun amplo número de actividades de voluntariado con diferentes asociacións da comarca. Desta volta. o sábado 13 de maio, un grupo de estudantes de 3º e 4º de ESO, acompañados da súa profesora Mónica, colaboraron como xuíces coa Asociación Sociocultural ASCM Galicia na «Festa do deporte adaptado» no pavillón polideportivo A Xunqueira de Fene. Este evento pretende fomentar o deporte entre as persoas con diversidade funcional e ofrece unha itneresante competición de diversos deportes: slalom, rugby, baloncesto en cadeira de rodas, boccia, boxeo e tenis de mesa adaptados. Queremos agradecer aos nosos alumnos/as que adicaron a mañá do sábado a participar na actividade e a Asociación ASCM por brindarnos a posibilidade de participar nesta actividade.

Galería de fotos.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *