O colexio La Salle aposta polo voluntariado coas últimas actividades de Pasaporte Solidario do curso 2021-22

Xa se está achegando o final do curso e, con el, as derradeiras actividades de voluntariado do ano 2021-22. Por mor da pandemia e das súas restricións, os membros do proxecto Pasaporte Soldiario tiveron que ir pospoñendo as actividades coa esperanza de podelas desenrolar nalgún momento antes de que acabada do curso. Así que, foi coa mellora da situación sanitaria e co cambio de normativa na primavera, que se puideron levar a cabo a maioría das accións. En total fixéronse 11 actividades, aínda que non foron todas as que lles tería gustado, xa que algunhas das entidades coas que traballamos non autorizaron a visita ao traballaren con persoas en risco sanitario.

Para axudar a promover a convivencia e o bo clima no centro, o alumnado de Pasaporte Solidario preparou frases antibullying para sensibilizar ao alumnado do centro colocándoas nos baños do colexio.

Do mesmo xeito, o traballo de recollida dos contedores de reciclaxe de papel de Secundaria estivo ao longo de todo o ano a cargo deste grupo de voluntariosos rapaces e rapazas que experimentaron a crecemento persoal que supón facer un voluntariado de calquera tipo. Como colofón, aos «Versos no muro» . adicaron un bo número de tardes a deseñar frases antibullying para visibilizar nos baños do centro e concienciar a toda a Comunidade educativa de que queremos un cole onde a convivencia e o bo ambiente sexan a clave para desenvolver os nosos obxectivos de educar en valores e formar futuros adultos responsables e respectuosos cos demais.

Deixámosvos unhas galerías coas fotografías das actividades.

Mensaxes antibullying

Reciclaxe de papel

 

Deja un comentario