O colexio La Salle realiza «quedadas lectoras» na biblioteca escolar

Na tarde de onte, xoves 19 de maio, celebrouse unha nova “Quedada lectora” na biblioteca escolar. Para iso, déronse cita unha vintena de alumnos e familias de infantil e do primeiro ciclo de primaria que escoitaron con atención como compañeiros de 3º e 4º de ESO e profesores dramatizaban a lectura de varios contos.

As Quedadas lectoras son actividades propostas desde o Club de lectura para os alumnos de infantil e primeiro ciclo de primaria nas que se promove a participación de familias e outros membros da Comunidade educativa.

A actividade, encadrada no Programa anual do Club de lectura, ten como obxectivo “promover a lectura entre nenos e adolescentes, así como promover encontros interxeracionais en torno a ela

O alumnado de Secundaria participante nesta actividade forma parte do programa de Voluntariado xuvenil “Pasaporte solidario” organizado pola Xunta de Galicia e que fomenta a participación e actividades de voluntariado para adolescentes destas idades. Durante todo o curso realizáronse distintas colaboracións con Cáritas, Cometa, Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra…

«Quedadas lectoras» resulta un éxito de participación e fomenta o gusto pola lectura en maiores e pequenos ademais de compartir unha tarde en comunidade que é sinal identitario dos nosos centros.

Na seguinte galería podedes ver imaxes da actividade. Quedadas lectoras

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *