Un curso cheo de actividades na biblioteca escolar

Ao longo do ano, na biblioteca escolar realizáronse unha morea de actividades e programas, así como celebracións en datas específicas.

Unha das actividades con afluencia continuada durante todo o curso foi o programa de «recreos alternativos«. Nel, ofrecéronse actividades lúdicas centradas en diferentes temáticas: razoamento lóxico-matemático, xogos de letras, xogos de atención, xogos no exterior…

Ao longo do curso tamén se levarona cabo «Quedadas lectoras«. Trátase dunha actividade de animación lectora na que o alumnado dos clubes de lectura e o profesorado actúan coma contadores de contos para que o alumnado que se achegue no recreo á biblioteca poida vivir múltiples aventuras a través dos contos escollidos.

Como parte das actividades de animación lectora tamén se celebran datas especiais como poden ser: a Semana de Rosalía, na que se realizou un fantástico concurso de postais; a Semana das Letras galegas, na que se preparou unha exposición e actividades específicas centradas nas Cantareiras; a Semana da Paz, con contadas sobre a paz e a creación dunha árbore da paz na biblioteca.

Moi especiais foron as celebracións pola Semana da Muller na Ciencia, o 8M, o 25N. 

Recentemente no mes de maio, os Maios en Educación Infantil onde elaboraron un Maio. Unha tradición moi arraigada que estivo presente en todo o territorio galego, se ben na actualidade resiste en zonas moi concretas. Neste caso fixeron un tapete floral. O tempo deulles unha tregua e puideron saír cos nenos e nenas a construír con flores e froitas o seu maio. Tamén esta nesta semana estase a desenvolvler o Trocalibros. O alumnado pode traer ate 3 libros e os intercambia por outros que trouxeron os seus compañeiros ou que aportou a biblioteca do centro. Polo de agora tivo bastante aceptación nos cursos dos máis pequenos.

Galería de fotos. 

Deja un comentario