Visita dos alumnos de 4º ESO no seu Programa de Orientación Académica e Profesional ao IES Carballo Calero

  • Durante a mañá de hoxe, venres 20 de xaneiro, o alumnado de 4º ESO achegouse ata o instituto do barrio para coñecer, de primeira man, a información relativa ás novidades no Bacharelato e a oferta de Ciclos Formativos do citado centro. 

Mónica e máis Susana, directora e orientadora do centro IES Carballo Calero, tiveron un encontro co noso alumnado no que lles explicaron todos os cambios lexislativos levados a cabo este ano, os diferentes itinerarios dos Bacharelatos, os criterios de promoción e titulación e as normas do seu centro. Despois diso, un percorrido polas instalacións do instituro e convidáronos a uns aperitivos na cafetaría.

Queremos agradecer ao IES, e a Mónica e Susana en particular, por nos ter feito un oco na súa axenda e adicarnos eses minutos de formación para os nosos rapaces e rapazas.

Galería de fotos

 

Deja un comentario