«Xuntos, mellor»

E por fin chegou o gran día.

Todos os corredores, as clases do cole, os patios están cheos de vida. Caras expectantes e cheas de ilusión. Algunha cara de sono aínda, pero todos coa emoción dun novo curso que comeza. Imos facer honor ao lema deste curso porque, sen ningunha dúbida, «Xuntos, mellor». Queda por diante un longo ano de traballo, de esforzo, de ledicias… pero ogallá que ao remate desde ano 2022-23 todos teñamos conseguidos os nosos obxectivos.

Benvidos/as ao curso 2022-23!

No seguinte enlace poderedes ver unhas imaxes do día de hoxe.

https://drive.google.com/drive/folders/1jt_MuZh36ZrMJmNfjjkiRVwYxN2ygX-q?usp=sharing

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *