As clases de Secundaria disfrutan coas excursións do primeiro trimestre

  • As clases de 1 e 2º ESO visitaron en Santiago de Compostela o Parlamento de Galicia e o Museo do Pobo Galego 
  • 3º e 4º de Secundaria aproveitou para visitar a Fábrica de Sargadelos no Concello do Cervo, facer a ruta de senderismo da Punta do Fuciño do Porco e visitar a Praia Abrela.

O martes 10 de outubro foi unha fabulosa xornada no climatolóxico para facer as excursións do primeiro trimestre en Secundaria. En primeiro lugar, o alumnado de 1º e 2º de ESO dirixiron os seus pasos ata a capital de Galicia, Santiago de Compostela. Unha vez alí, tiveron a ocasión de visitar o Parlamento de Galicia. Nesa visita, coñeceron o lugar onde os nosos conselleiros se reúnen e desempeñan o seu labor diario. Máis tarde, acudiron ao Museo do Pobo Galego que ofrece unha ampla mostra do modo de vida tradicional que había en Galicia hai anos e as manifestacións culturais máis destacadas da nosa historia. Tralo xantar no patio do colexio La Salle de Santiago, volta para Ferrol.

O alumnado de 3º e 4º de ESO dirixiu os seus pasos ata a Mariña lucense. Nun primeiro momento, fixeron unha visita á fábrica de Sargadelos. Nela tiveron explicacións de como é o proceso de preparación das famosas pezas de artesanía galega, desde a elaboración da pasta ata o esmaltado final e a súa distribución e venda. Máis tarde, unha ruta camiñada por pasarelas de madeira entre cantís ata a Punta do Fuciño do Porco. Comeron o xantar traído da casa no marco incomparable dos acantilados co mar Cantábrico aos seus pés. Máis tarde, unha visita á praia Abrela antes de voltar cara Ferrol.

Galería fotos 1º-2º ESO

Galería fotos 3º-4º ESO

 

Deja un comentario