- Despois de tres anos sen poder facer o festival de Nadal, por fin este ano nos xuntamos para disfrutar do enorme talento dos nosos alumnos/as.
Na tarde do mércores 20 de decembro, as familias de EP tiñan una cita ineludible para este Nadal. Nun salón de actos ateigado de familias desexosas de disfrutar cos seus fillos, netos, irmáns… o alumnado de 1º a 6º de EP amosou as actuacións que levaban varias semanas preparando con moita emoción.
Nun primeiro momento, os alumnos de 1º buscaron a estrela de Belén a ritmo de ‘Grease’. Máis tarde, a clase de 2º EP fixo unha obra de teatro camiño de Belén. O alumnado de 3º bailou ao ritmo de producións Disney españolas (David o Gnomo, D’Artagnan, Willie Fogg), un número musical para os alumnos de 4º , unha obra de teatro de 5º que estiveron «Timbrando no portal» e, para rematar, un Got Talent moi especial dos alumnos de 6º.
Divertidísima tarde, repleta de risas e talento. Queremos felicitar a todos os participantes polo seu labor e agradecer á familias pola súa asistencia.
Aproveitamos tamén para desexarvos un Feliz Nadal e agardámosvos con folgos renovados no mes de xaneiro.