En 6º EP fan equipo e constrúen fraternidade

O alumnado de 6º de Educación Primaria comezou o curso cunha xornada especial na que a diversión, a convivencia e o compañeirismo foron os grandes protagonistas.

A través de diferentes actividades lúdicas, os nenos e nenas tiveron a oportunidade de coñecerse mellor, compartir experiencias e fortalecer os lazos que os unen como grupo. A xornada incluíu a proxección dunha película, xogos de cohesión grupal, un tempo para compartir a comida e varias dinámicas finais pensadas para fomentar a confianza, a participación e o respecto mutuo.

Foi unha ocasión para saír da rutina da aula, descubrir novas facetas dos compañeiros e compañeiras e comezar esta nova etapa con ilusión, motivación e ganas de aprender xuntos.

Esta experiencia conecta co lema que nos acompaña este curso, «Construíndo un mundo máis fraterno», unha invitación a coidar as relacións, valorar as diferenzas e construír, día a día, unha comunidade na que todas as persoas se sintan acollidas e importantes.

Porque aprender tamén significa compartir, acompañar e medrar xuntos. E que mellor maneira de comezar o curso que fortalecendo os lazos que nos axudarán a camiñar unidos ao longo de todo o ano!

Galería de fotos

Deja un comentario