Creatividade, diversión e convivencia na celebración do “Samaín La Salle”

O venres 30 de outubro, o colexio La Salle Ferrol encheuse de misterio e moita diversión coa celebración dunha data siempre esperada no cole: O Samaín. Pola mañá, actividades relacionadas con esa tradición celta e pola tarde a nosa Convivencia Salleween, unha cita moi especial que reuniu numerosas familias nunha tarde chea de actividades, risas e momentos compartidos.

A participación foi todo un éxito! Alumnado e familias gozaron dunha xornada na que non faltou a creatividade, a ilusión e as ganas de pasalo ben. O concurso de tartas sorprendeunos con propostas terrorificamente deliciosas; os concursos de disfraces encheron o colexio de personaxes arrepiantes e orixinais; e uns “terroríficos” escape room puxeron a proba a capacidade de observación, o enxeño e o traballo en equipo dos participantes. A degustación de tartas e chocolate, o bingo con sorteo dun chándal e a Disco”Salleween” completaron unha tarde na que houbo tempo para todo: xogar, bailar, compartir e, sobre todo, convivir.

Os concursos deixáronnos propostas fantásticas e uns merecidos gañadores:

Concurso de tartas

Primeiro premio: Spiderween, de Enzo Rodríguez Martínez (4º de Educación Infantil).

Segundo premio: Calabacín, de Leo López Andrés (6º de Educación Infantil).

Terceiro premio: A comida monstruosa, de Izan Vilar Santana (2º de Primaria) e Enzo Vilar Santana (5º de Primaria).

Concurso de disfraces

Mellor disfrace individual: Alai Pena Rego, de 1º de Primaria, co seu disfrace de zombi.

Mellor disfrace en familia: a familia Platas Roca, coa proposta Pallasos e marionetas Salleween, representada por Lucas (2º de Primaria) e Vera (4º de Primaria).

Bingo do chándal: Familia gañadora: Ameneiros Redondo.

Parabéns a todas as persoas premiadas e, especialmente, a todas as familias que participaron con tanta ilusión e fixeron posible esta celebración. Porque, máis alá dos premios, o verdadeiro éxito de Salleween foi compartir unha tarde diferente, fortalecer os lazos que nos unen e seguir construíndo comunidade educativa.

Grazas ás familias pola súa implicación, pola súa creatividade e por contribuír a que o noso colexio sexa un lugar de encontro, convivencia e fraternidade.

Rematou esta edición con moitos sorrisos e xa coa ilusión posta na próxima cita.

Agardámosvos a todas e todos na convivencia do vindeiro trimestre para seguir compartindo momentos inesquecibles en La Salle Ferrol!

Galería actividades da mañá

Fotos convivencia

Deja un comentario