Xornada de Portas Abertas para coñecer o noso proxecto educativo

Estades buscando cole para os vosos fillos/as en Ferrol? Animádesvos a coñecer a nosa proposta educativa?

O noso cole leva educando máis de oitenta anos en Ferrol, mesturando a innovación educativa e a nosa educación en valores, ámbolos dous sinais da nosa institución.

A nosa nova metodoloxía converte ao alumnado no protagonista da súa aprendizaxe e, nun ambiente cercano, os nosos alumnos/as conseguen aprender dun xeito divertido e eficaz.

Convidámosvos a unha Xornada de Portas Abertas o vindeiro 27 de febreiro ás 16:00 h na que poderedes coñecer a profesorado das distintas etapas educativas para explicar o método de traballo nas aulas, ter un primeiro achegamento e respostar ás vosas dúbidas e inquedanzas.

No caso de non poder asistir nesa data, solicitade unha visita individual chamando por teléfono ao 981318111 ou enviando un correo electrónico a info@lasalleferrol.es

Esperámosvos!

Deja un comentario