As clases de 1º e 2º de EP fixeron a súa derradeira saída do curso visitando o Xacemento Romano de Caldoval, en Mugardos, no que, ademáis de explicarlles o funcionamento das termas romanas, puideron contemplar os seus restos tan ben conservados.
Para rematar, realizaron un obradoiro de elaboración de mosaicos romanos e, como o tempo non acompañou, comeron no Pavillón de Pontedeume (en vez de ir ao piñeiral de Cabanas), onde tamén o pasaron de marabilla.