Na semana do 27 ao 30 de outubro, a biblioteca do centro contou cunha exposición temática sobre o Samaín. Totalmente decorada para a ocasión, foi recibindo a visita de diferentes cursos para ter unhas sesións de Contacontos do máís terroríficas. Para contar estas historias, contouse con magníficos narradores con alumnas voluntarias da biblioteca de 4º de ESO e familias que se ofreceron a participar con nós. Os contos que tiveron maior éxito foron: «La extraña visita», «Soñar con dinosaurios», Os esqueletes divertidos», «Truco o trato» e «Vampira quere ser bailarina»
Aproveitamos para agradecer a colaboración de Libia, Juan, María, Luz, Yolanda, Sofía e Nerea Caterina que se achegaron ao cole a contar os contos e Manuela e Paola, compañeiras de 4º ESO, que tamén amosaron o seu bo facer como excelentes narradoras.
