O colexio La Salle de Ferrol reparte máis de 300 quilos de solidariedade

Dende finais do mes de novembro, os rapaces e rapazas do programa Pasaporte Solidario estiveron realizando gardas durante o primeiro recreo para recoller os alimentos que o alumnado das diferentes clases do colexio foi achegando ao longo destas semanas.

Grazas á xenerosidade e implicación das familias da comunidade educativa, conseguiuse reunir máis de 300 quilos de alimentos e produtos de hixiene, unha mostra do forte compromiso solidario do centro. A recollida foi repartida na tarde do martes 16 de decembro entre o Banco de Alimentos Rías Altas de Ferrol e as Irmás Oblatas, entidades coas que o colexio colabora de maneira habitual cada ano.

Desde o centro queremos agradecer, tamén, a colaboración do profesorado que participou de forma voluntaria no transporte dos alimentos cos seus propios vehículos, facilitando así o reparto e facendo posible que a axuda chegase ás entidades destinatarias.

Unha vez máis, esta iniciativa demostra que, coa colaboración de toda a comunidade educativa, a solidariedade convértese nun valor vivo e compartido.

Grazas por facer que este Nadal chegue a todos.

Galería de fotos

Deja un comentario