Comezamos o curso 2026-27 centrados na educación en valores para transformar o mundo

Despois dun merecido descanso durante o verán, o curso 2026-27 xa deu comezo.

Nestes primeiros días, para adaptarse novamente, e de maneira paseniña, ao ritmo de traballo, o alumnado realizou diferentes dinámicas para relacionarse entre compañeiros/as, para acoller ao alumnado novo, coñecer a profesores e profesoras e iniciar esta marabillosa aventura que promete ser o curso 2026-27.

O lema do centro para este curso é «Construíndo un mundo máis fraterno». Nunha sociedade cada vez máis polarizada e desigual, necesitada de diálogo para resolver as diferenzas entre as persoas, o lema deste curso pretende situar o valor da fraternidade como centro da formación do alumnado e como a clave para formar a persoas responsables e comprotidas cos demais. Construír implica acción, movemento… pretende desterrar a pasividade e fomentar que todos e todas participen na vida diaria na escola e na súa aprendizaxe.

Neste curso invitaremos a apartar das nosas vidas o egoísmo e a discriminación para manter unha convivencia baseada no  diálogo y solidariedade.

Benvidos/as ao novo curso 2026-27!

Galería de fotos

Deja un comentario