6º EP mergúllase no mundo do cómic

O alumnado de 6º de EP está a descubrir os diferentes xéneros literarios, achegándose ás súas características e ás distintas formas de contar historias.

Nesta ocasión, detivémonos no cómic, unha das modalidades do xénero narrativo. Para coñecelo un pouco mellor, que mellor maneira de facelo que visitar a biblioteca do colexio e explorar a súa bibliografía? Alí puideron descubrir a variedade de cómics dispoñibles, observar os seus formatos e achegarse ás súas particularidades.

Pero non quedaron só na teoría! Despois da visita e de coñecer os principais elementos deste xénero, chegou o momento de pasar á acción: cada alumno e alumna puxo en marcha a súa creatividade para elaborar o seu propio cómic.

Unha actividade na que lectura, imaxinación e expresión artística se deron a man para converter as ideas en historias cheas de viñetas, personaxes e aventuras.

Galería de fotos

Deja un comentario