O alumnado participante nos grupos cristiáns do noso centro, estivo o pasado venres 29 de maio celebrando o último día de reunións. Aproveitaron para facer o xantar compartido que levan a cabo cada venres, convidando a participar a alumnos e alumnas de 5º EP. Tamén gozaron dunha tarde de xogos de auga, que prepararon os animadores, ambientados nos “xogos da fame” dos que hai unha boa saga de libros e películas.
A tarde fíxoselles curta con tanta diversión, pero tamén houbo momentos máis tranquilos, como a celebración final, na que tiveron que compartir un momento da convivencia no que alguén fixo algo por eles. Despois, puxeron uns post-it escritos nun mural onde se recolleron esas situacións onde a xente foi algún tipo de “refuxio” para eles.
