Comezan as actividades de voluntariado na IV Andaina inclusiva de Cores

  • Este domingo 24 de setembro iniciaronse de forma oficial as actividades de voluntariado no Colegio La Salle de Ferrol participando na «IV Andaina inclusiva de cores».
  • Desde hai varios anos o centro participa co alumnado de 3º e 4º de ESO no programa “Pasaporte Solidario” que organiza a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

O pasado domingo 24 de setembro foi a data sinalada para iniciar as actividades de voluntariado no colegio. Os nosos alumnos de Pasaporte Solidario, acompañados por moitos alumnos do centro e das súas familias, puxerono seu gran de area pola inclusión e encheron de cor e ledicia o Paseo de Cartagena participando na “IV Andaina inclusiva de cores” organizada polo Concello de Ferrol e coa colaboración da Asociación de Veciños de Caranza e a Asociación Sociocultural ASCM. O noso alumnado de Pasaporte solidario tamén colaborou na organización e, esta actividade, foi o perfecto punto de inicio para as actividades de voluntariado que se van realizar ao longo del año. 

Durante o curso 2023-24, vanse  ofrecer experiencias de voluntariado con diferentes asociacións da cidade para fomentar a solidariedade e a participación na vida social da cidade. Trátase dunha aprendizaxe gradual ao longo dos cursos e moi valorada por familias e alumnado.

As entidades coas que colaboraremos ao longo do ano son moi diversas:  Asociación Protectora de Animais Cometa de Narón, o Comedor de Cáritas, a Asociación Sociocultural ASCM, a Asociación de Xordos de Ferrolterra, o stand de Comercio Xusto do colexio, o Banco de Alimentos de Cáritas, o Centro de Atención de Persoas con Diversidade funcional (CAMF), Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal e o Centro de Maiores de Caranza.

A educación en valores, que é sinal de identidade do noso centro, é unha aposta firme e decidida polo compromiso, a solidariedade, a inclusión, o voluntariado. Queremos que os nosos alumnos/as sexan exemplo de todos eses valores na sociedade e, coa participación en días como o de hoxe, sabemos que estamos no bo camiño.

#SomosLaSalle #JuntosMejor

No enlace poderedes ver a galería de fotos dese día tan especial.

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *