Os alumnos e alumnas de 2º de EP están avanzando no apaixonante mundo das palabras a través de propostas dinámicas, manipulativas e adaptadas aos novos tempos.
A través de diferentes actividades, o alumnado xogou, experimentou e construíu palabras utilizando materiais manipulativos, convertendo a aprendizaxe naha experiencia activa e significativa. Deste xeito, cada letra convértese nunha pequena peza que, ao combinarse con outras, permite descubrir novas palabras e posibilidades.
Pero a aprendizaxe non quedou no tanxible. Os nenos e nenas tamén deron os seus primeiros pasos no uso educativo do Chromebook, achegándose ás novas tecnoloxías como unha ferramenta máis para aprender, practicar e desenvolver as súas competencias dixitais.
Unha combinación de mans que manipulan, mentes que descubren e tecnoloxía que abre novas posibilidades, demostrando que aprender pode ser, ao mesmo tempo, divertido, creativo e conectado co mundo que os rodea.
